Quen dixo isto?

Ponlle a unha os pelos de punta. Non sei se o concelleiro abordou o asunto desde esta perspectiva ou se foi o xornal o que lle deu o “atinado” tratamento: proliferación de indixentes que dormen na rúa asociado a problemas de convivencia (sempre entendida como “molestias” a “cidadáns de orde”) e a espazos que están sucios. Que haxa persoas que non teñen teito é un problema de limpeza?

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/denuncian-proliferacion-indigentes-pernoctan-ruas-compostela/idEdicion-2012-03-02/idNoticia-734083/

Moito lixo hai nas cabeciñas dalgunhas persoas!

Non hai comentarios

Pola boca…

Só hai que comparar dúas breves notas e atopar semellanzas e diferenzas. A exposición sobre a catedral e un desexo de futuro audiovisual, coinciden. O demais, os prazos, as atribucións de responsabilidade, lamentos ou culpas… nin de lonxe se parecen.  En seis meses dá tempo a pensar máis e atinar mellor.

20/09/2011

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/09/20/0003_201109S20C4991.htm

El Museo da Cidade abrirá previsiblemente este otoño con una exposición dedicada a la catedral compostelana, según indicó el concejal de Cultura, Ángel Currás. La muestra tendrá un carácter temporal y el edil confía en que, cuando tenga que retirarse esta exposición, ya se tenga una alternativa para la sala.

Ángel Currás criticó la falta de previsión del Gobierno bipartido del PSOE y BNG por no haber elaborado un proyecto para la explotación del museo. «Non teñen proxecto museístico e logo falan de nós na Cidade da Cultura», dijo Currás. El concejal popular apuntó que se encargará un proyecto y un modelo y para ello confía en la participación del Consorcio, en el que se incorporará la historia del municipio en los siglos XIX y XX. La intención es que «máis que un museo con pezas, sexa un museo audiovisual». Currás apuesta por una iniciativa en la que las nuevas tecnologías sean el eje central, lo que permitirá que los visitantes puedan interactuar con las propuestas que se ofrezcan en las salas.

22/02/2012

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2012/02/22/museo-da-cidade-carece-programa-dias-apertura/0003_201202S22C5991.htm

Ángel Currás reconoció que «a estas alturas» ya debía contarse con este proyecto elaborado, aprobado e incluso en marcha. Recordó que el museo será gestionado por la comunidad autónoma y que el Consorcio, como promotor de la rehabilitación del inmueble, tendría algo que decir en este proyecto, aunque reiteró que la gestión es de la Xunta.

Ángel Currás lamentó que ni siquiera se sepa si se tratará de un museo de piezas o audiovisual. El concejal de Cultura se mostró favorable a que sea un museo audiovisual, en el que se «incorporen las nuevas tecnologías» y que permita utilizar estos medios para que los visitantes interactúen y descubran el pasado de la ciudad.

Non hai comentarios

Tamén hai parabéns

Creo que, honradamente, tamén hai que parabenizar o que se fai ben, fágao quen o faga. Non vale só poñer de manifesto o negativo, nin dos próximos nin dos alleos, o positivo tamén é importante. E, teño que dicilo, o concelleiro de Tráfico, que tan arroutado me pareceu con aquilo de dirixir os bombeiros está demostrando sentidiño e bos obxectivos no ordenamento do tránsito.

Xa se amosou preocupado por estudar e atopar fórmulas para mellorar o trasporte público, o funcionamento das zonas reservadas para aparcamento de residentes e os problemas de circulación da cidade. En todos os casos falou de “probar”, de “estudar”, de “contrastar” e de “dialogar”, non dixo que xa o sabía todo e tiña a solución perfecta. Bos principios, penso eu, sobre todo para un tema tan complexo de resolver como é o do tráfico. Non creo que ninguén estea agardando solucións inmediatas e definitivas que desenleen de todo un nó tan preto, pero si é de agradecer que se intente, que se experimente, que se avance, sobre o problema do tráfico que ata non hai moito era a principal preocupación dos composteláns.

Agora está co asunto de facer peonil parte do Ensanche, fala mesmo de que se poida ir desde a zona histórica ata a praza Roxa sen coches. Paréceme un moi bo obxectivo porque faría a cidade moito máis habitable e, eu estou segura, melloraría moito o dinamismo económico do comercio da zona. O que atopa é a reticencia dos comerciantes. ¡Nada novo!

Pero, o que me parece máis parabenizable é a forma como o está levando e como o presenta. Non falou de propostas pechadas ou definitivas, senón de experimentar para comprobar o funcionamento, e de facelo tendo en conta os elementos en xogo (a carga e descarga, os garaxes, os autobuses, a sinalización e a información, os diferentes momentos e días en relación coa intensidade do tráfico, a xente implicada…), recoñecendo a complicación. Recoñece tamén que non ten un “peto máxico” do que tirar verdades absolutas senón que ten en conta outras experiencias (fala de 40 cidades). Decátase de que ten oposición nos afectados e apela ao diálogo e ás comisións, nin se prega ao máis cómodo nin impón sen diálogo… Moi ben, valente. Hai que falar con todos, claro, non só os comerciantes están atinxidos por estas medidas, tamén a veciñanza en xeral e as súas asociacións. Compaxinar os intereses e as opinións non debe ser doado pero entre optar por ir de listo cunha medida pechada e ir probando a ver para corrixir e aprender dos erros, elixiu o segundo camiño; está disposto a equivocarse e expono publicamente. Xa sabemos, non rompe un prato o que non anda con eles. Que se estenda o exemplo.

Non hai comentarios

Xestos e palabras

En pouco menos de medio ano, en Santiago ímonos enchoupando en novos xestos, imaxes e xeitos de falar, que nos van afacendo ao que pode vir:

Palabras duras, que soan ameazantes: “No consentiremos que…”. “No consentiremos que Santiago sea un laboratorio de guerrilla urbana”. “No me temblará la mano”. “Caerá sobre ellos todo el peso de la ley”. “Locales donde determinado tipo de gente se dedica a preparar o incluso a pensar sobre actos de este tipo”. “Asalto por parte de unos descerebrados”. “Van a sentir nuestro aliento en la nuca”… Palabras que insultan “Eres un parásito y un mamón”. Palabras que se opoñen “… no se hará mientras yo sea alcalde”. Palabras que nos miran desde arriba “cosas para los chavales”.

E xestos, moitos xestos: devocións a todos os santos en todas as procesións, novos nomes para as rúas, homenaxes…

Que nos lembra todo isto?

Non hai comentarios

Preocupacións grandes e pequenas

Levo bastantes días sen subir ningún post porque a realidade pesa tanto que non deixa folgos nin para escribir. Non o vou facer, por outra parte, sobre os principais acontecementos que estamos vivindo porque hai moitos e bos opinadores que son quen de fornecernos análises e comentarios de todo tipo. O campo dos meus comentarios ten límites cativos e cínguese ao máis próximo. Nin sequera na política municipal pretendo abranguelo todo, nin pola extensión dos temas nin pola profundidade dos comentarios. Unicamente se pon a funcionar o teclado para chamar a atención sobre os contrastes que se van producindo na focaxe dos asuntos municipais, comparando decisións con declaracións previas e tamén intentando ver a distinta recepción que teñen.

Esta reducida temática, malia que entendo que é seria, espértame moitos sorrisos e intento comentala con ese espírito de humor. Non sei se o consigo porque iso unicamente se pode constatar desde a recepción dos comentarios e non teño moito feed-back de lectores/as, se é que os hai.

Se amplío o ángulo de visión xa a cousa non me dá para rir nadiña, mais ben para chorar ou mesmo para tremer de medo: paro, eliminación de servizos públicos –algúns ben achegados por certo como o Servizo de Normalización Lingüística de Ames-, empobrecemento, concentración de poder como resultado das eleccións, prima de risco, desastres naturais, quentamento planetario… É lóxico que todos estes problemas centren as nosas ansias pero polo medio vanse coando decisións que tamén nos afectan.

Desde o domingo todos e todas estamos revisando e comentando os resultados electorais, vendo como a marea azul medra sen diques de contención. Para moitos é festa e para outros moitos loito. E, unha vez máis, anóvase o tópico: os datos dan para todas as lecturas e, como ninguén quere perder, triunfo e fracaso son conceptos relativos. Como dicía non vou facer análises disto pero si quero chamar a atención sobre o que se vai deslizando mentres tanto.

Como estabamos distraídas e distraídos, o luns era un bo día para anunciar malas novas municipais: o Concello vai subir os impostos.

Como o meu é fixarme en como se contan as cousas, vexo que a atención pretende centrarse en que vai haber un plan estratéxico de investimentos. De paso imos sabendo que o orzamento vai ser máis cativo –¡que curioso, algúns considérano positivo!- e que o prezo da auga vai subir máis dun 3%.

http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=7692

Os medios, ben guiados, fan caso do que se lles di e trasladan que “non haberá cambios significativos” ou, como moito, non teñen importancia: “só cinco euros de media anual por compostelán”. A min a conta non me daba pero non me decatara de que o reparto inclúe os nenos, as avoas, os parados…

Creo que a concelleira perdeu o esquema que seguiu estes anos para analizar as ordenanzas fiscais e os orzamentos municipais ou que a calculadora ten as pilas esgotadas e dá fallos. Tamén pode ser o resultado de graduar mal a vista e poñer unhas gafas que funcionan ao revés e fan pequeno o que antes se vía grande.

Hai menos dun ano a mesma concelleira, desde a oposición, preguntábase “como é posible que un Concello que xestiona tan mal os seus tributos, neste caso as taxas, se lle ocorra subir máis a presión fiscal aos seus cidadáns e facelo en tempos tan difíciles en un ano que a todas as luces se presenta moi complicado dende o punto de vista económico”. Recólleo a web do seu partido, por certo sen actualizar desde as municipais e co calendario descontrolado situándonos xa en decembro.

http://www.ppdesantiago.es/index.php?idMenu=11&idIdioma=2&int1=61

Daquela, a suba da auga era do 1,28626 % e a concelleira falaba de “total falta de sensibilidade” e lembraba que no último ano perderan o seu emprego 382 composteláns, seguindo a “plantilla” de exercicios anteriores onde se desagregaban polo miúdo os datos de endebedamento total, endebedamento por persoa…, tomados sempre polo lado máis favorable –como co dos datos electorais, igualiño.
O ano anterior, mellor aínda, pedía unha rebaixa do IBI e da plusvalía:

http://ocio.elcorreogallego.es/indexCanales.php?idMenu=65&idNoticia=493048&idEdicion=1460

E o anterior, cando se falaba de ordenanzas e orzamentos para o 2009, reclamaba conxelación alertando que as taxas medraban máis que os salarios e explicando, coma en cada exercicio, que Compostela sumara 130 novos parados.

http://elprogreso.galiciae.com/nova/18324.html?lang=gl

Pois ben, utilizando as mesmas fontes que usou ela, se en setembro de 2008, coa incorporación dos citados 130, Compostela se situaba en 5.564 desempregados/as e en anos posteriores, como ben foi resaltando, pasou a 7.232 en outubro de 2009 e a 7825 en novembro de 2010, agora está a cifra en 8.364, é dicir 539 máis que o ano pasado. ¿Onde está agora a sensibilidade e a preocupación da responsable de facenda que sobe a auga e o saneamento máis que o IPC? ¿onde vai a negativa a incrementar a presión fiscal cando se propón subir a auga que pagamos todos e todas? Ah!, xa sei, o domingo queodu resolto o problema da crise.

Non hai comentarios

Reparen

Reparen no que pode haber en xogo: 120 postos de traballo –xa veremos, diría eu- e un investimento de 10 millóns de euros –non todos para empresas de aquí pero, ben, algo é algo-, por iso, “La concejala Paula Prado, impulsora del proyecto, señala que el Concello se ha comprometido a agilizar al máximo los trámites para la concesión de la licencia: «Ya que fuimos a buscarla, al menos debemos facilitarle la implantación». Refiere que hay unos gastos de cara a la puesta en funcionamiento de la empresa que, cuanto más tiempo transcurra, más elevados son para Bricomart”.

Algunha dúbida lle queda no papo e quere poñer o apósito antes de que haxa ferida: “Prado quiere dejar claro que la nave de Bricomart, dado su volumen de venta, no va a suponer ninguna competencia para el pequeño comercio. Empresas de sectores como la construcción son los clientes principales de la entidad”. E logo non hai empresas autóctonas, grandes e pequenas, que venden e fabrican material de construción??

Así e todo, a idea está clara, unha empresa que se quere implantar e pode significar dinamización económica e emprego: hai que axudarlle e axilizarlle os trámites, darlle facilitades as que se poidan. Iso si, esta vén de fóra e é unha multinacional, iso sempre axuda moito.

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/11/03/0003_201111S3C5994.htm

Reparen agora nas facilidades que se dá ás de aquí. Por se teñen dúbidas miren a portda da edición local de La Voz de Galicia do xoves 27 de outubro. ¿Que quererá dicir o autor do “Pedroso” con iso de “los nuestros”?

La Voz de Galicia, 27 de outubro de 2011

Non hai comentarios

Como se nota!

Que orixinais podemos chegar a ser en Compostela. Temos feira medieval, como en Noia, Mondoñedo, Baiona, Negreira, As Pontes, A Coruña, Ribadavia, Corcubión, Pontevedra… Temos Fashion Night como na Coruña, Ferrol, Oviedo, Madrid, Nova York ou París. Imos ter pista de xeo como calquera urbe internacional que se teña por tal. Imos ter terrazas acristaladas e, ben seguro,  “mercadillo solidario”, que se ve moito na tele e van todas as señoras de abrigo mercar algo para saír na foto. Xa non imos ter feira de gando e a praza de abastos vaise facer adulta e ser coma o Mercado de San Miguel en Madrid, nada de cestas das leiriñas. Imos ser grandes, imos ser modernos, imos ser coma todos. Borremos a identidade, borremos o noso, que cheira a galego e non nos gusta. Borremos o que nos singulariza que así hanos ir moito mellor!!!

Non hai comentarios

A lotería

Parece que van sacar o premio gordo. Tocaranos algo este ano? Seguro que si… de pagar

Non hai comentarios

Se non lle gusta o menú, traémoslle a carta

Moitos preguntábanse no seu día se era xusto o acordo que outorgaba unha edificabilidade na chamada finca do Espiño a cambio de que o Concello se fixese cun terreo para parque público, incluído o palacete modernista cos fondos para a súa rehabilitación. Quizais tivesen razón. Sempre neste tipo de acordos alguén tira unha plusvalía, neste caso moi importante, e cabe a dúbida de se o interese común tira a mesma e se, polo medio, hai alguén máis que de xeito escuro tamén se beneficia.

O caso é que ese acordo existiu, aprobouse e materializouse: o concello aprobou a edificabilidade –para unha finalidade concreta, unha residencia da terceira idade- e recibiu a súa compensación.

Cando chegou o momento de solicitar a licenza para a construción, a promotora tentou colar outra cousa: vivendas de luxo. E todos e todas podemos entender ben doadamente que non ten o mesmo valor un solo destinado a un equipamento que un solo dedicado a vivenda. Iso si, agora é moito máis claro: xa a promotora non ten que buscar subterfuxios para o que sempre pretendeu, pode facelo abertamente, con bendición municipal e todo.

Para esa finalidade distinta da pactada, o Concello non lle deu licenza e comezou o conflito xudicial. O que estaba en debate era se o Concello cumprira a súa parte (outorgar a edificabilidade) ou non (neste caso tería que devolver o entregado). O resultado foi que os xuíces deron por válido o cumprimento do trato: a propiedade do terreo e do palacete da finca do Espiño é municipal e a empresa ten que adaptarse ás condicións do planeamento para obter licenza.

Ah!, pero a empresa non queda satisfeita e cando chegan tempos mellores –politicamente mellores parece- rapidamente consegue sacar adiante un novo acordo: xa vai poder construír vivenda libre. A ensinanza: se vostede é poderoso e non lle gustan as condicións que lle poñen as normas, cambiamos as normas e xa está. Se non lle gusta o menú, traémoslle a carta.

A boca non se me dá cerrado desde que vin a noticia, presentada en rolda de prensa con fachenda inclusive.

Non sei se o trato inicial foi xusto ou non para o interese da nosa cidade, repito, pero os xuíces dérono por bo e déronlle a razón ao Concello contra a empresa. Agora o Concello baixa os pantalóns e dálle máis á empresa, porque si, e sen que sexa a cambio de nada porque os 18.000 metros de terreo e o palacete xa eran municipais. ¿Quen se vai beneficiar desa nova plusvalía?

E, para abrir aínda máis a boca, algún medio conta a película como se dun gran logro se tratase:

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/goberno-local-reactiva-proxecto-da-finca-do-espino/idEdicion-2011-10-21/idNoticia-708558/

Non hai comentarios

E se os intercambian?

A prensa local de hoxe suxire mudar de lugar algúns membros do equipo de goberno.

Unha, que ten unha recua de funcionarios, algúns do máis alto nivel que cabe na Administración municipal, para avaliar, contar, analizar, coordinar, contabilizar, orzar, descontar, anotar… os diñeiriños, vai e dedica 147.000 euros –case nada- a contratar unha empresa que veña ler os papeis e explicarllos, para que estableza “como podería funcionar mellor” ou, en palabras do xefe, “tener una base sobre la que programar a medio y largo plazo”. Non terán logo nada programado aínda?

Outro, moito máis botado para diante, non precisa que lle ande dicindo ninguén como hai que facer as cousas e, se fai falta, ponse á fronte dos servizos de seguridade a organizar as emerxencias. Din que “en último caso, podría asumir él mismo la coordinación”. Non che é calquera cousa: mangueiras, escaleiras, camións, motobombas, ti para aquí, eu para aló…, incendios, rescates…, o que lle boten. Que dimite o xefe do parque, pois coordino eu que non pasa nada!!! Si señor, sen gastar un peso en andar buscando xente por aí que cobra o que non ten nome por dicirnos o que xa sabemos (o de buscala era un dicir, ao mellor xa sabemos de alguén e non hai que perder moito tempo en buscar).

Toda esa afouteza aplicada aos asuntos económicos igual lograba o milagre da multiplicación do pan e dos peixes e nos sorprendía aumentando os recursos públicos. Porque milagres así van facer falta se queren cumprir todo o que prometeron e seguen prometendo. Véxase senón o lea de contas que se pode armar na nova concellaría “do rural”: di que cómpren 70 millóns colocar o saneamento e abastecemento que falta; outros 300.000 euros como mínimo ao ano fanlle falta para arranxar as pistas; vai meterse tamén coa iluminación… Di que se van dedicar 2 millóns por ano ao rural e pretende en 8 anos cubrir o 35% do saneamento e abastecemento que falta. Boten a conta. A min non me sae, sobre todo sabendo que neses 2 millóns tan cacarexados e celebrados van contar tamén o resto dos servizos que chegan ao rural. Ou se aumenta a cantidade, ou se incumpren as expectativas creadas, ou, xa digo, o milagre da multiplicación que alguén co ímpeto do valente podería intentar.

Non hai comentarios

« Previous Entries